Descripción
Primera edición: Mayo, 2014
Prólogo: Verónica Martínez
Nº de páginas: 82
Dimensiones: 15×211 cm.
Encuadernación rústica con solapas
Depósito Legal: TO-292-2014
ISBN: 978-84-942298-9-3
Comentario: “Xavier Frías describe neste manual, cheo de erotismo e sensualidade, un espazo onde a amada se percibe ausente ou insuficiente, ou onde o desexo é tal que nunca é suficiente o que a amada lle entrega. Sinte esa saudade da necesidade de máis ti, de máis real, máis intenso, máis presenza e máis pertenza. Cóntanos tamén como a amante é o deleite del propio no gozo dos cinco sentidos: os cheiros, os sabores, os sons, os silencios, o tacto, as súas liñas… O percurso do libro vai dende a ausente presenza ata a presenza ausente da súa amada. Amada idealizada, etérea cal a amiga das cantigas da nosa inmensa tradición medieval. O libro é para gozalo na dor morna que nos acompaña durante todos os seus versos, na choiva que se precipita nos versos como o pentagrama da súa xanela, sobre a pel lene que o excita como o roce frío da páxina en branco. É esa amada a que comparte o seu lugar, a viaxe constante que resulta a vida de Xavier. É ela a Lisboa das súas páxinas, a lembranza dunhas coxas que se abren como a memoria, no auto, camiño de Compostela”. Verónica Martínez
Valoraciones
No hay valoraciones aún.